O Concello do Grove organiza unha Festa infantil de Fin de Ano
Fecha: 2015-12-29
O evento ten carácter benéfico e conta coa colaboración das ANPA de O Grove.
A partir das 11.30 horas do día 31 os rapaces e rapazas do Grove poderán participar nunha Festa de Fin de Ano na praza do Corgo. Haberá música e ás 12.00 h quen asistenta poderá celebrar as badaladas con chocalates (lacasitos). As bolsas serán vendidas ao prezo de 1 euro polas ANPA co fin de recadar fondos para axudar as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente a mercar os agasallos para os nenos e nenas máis desfavorecidos.
A Festa estará amenizada polo espectáculo de Barafunda con xogos, música e globolóns simulando as uvas. Inda que o evento está pensado para os máis cativos, anímase a veciñanza a participar colaborando e facendo da despedida do 2015 un Festa para todas e todos.