Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello convoca o concurso de fotografía ‘A muller traballadora’

Fecha: 2016-01-15

 

 

Dentro do plan de traballo posto en marcha polo Concello de cara á celebración do Día da Muller de Traballadora, ponse en marcha un concurso de fotografía aberto a persoas profesionais e afeccionadas 

 

O Concello do Grove convoca o Concurso de Fotografía “A muller traballadora”, no que quen participante deberá presentar imaxes que reflictan o traballo das mulleres en calquera eido. Neste concurso poderán participar todas as persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionadas, cun máximo de tres fotografías por persoa. As fotografías serán orixinais e non premiadas noutros concursos e poderán ser presentadas en calquera tamaño e sen enmarcar, inda que non poden figurar os datos da persoa que participa. Para participar só é necesario presentar as fotografías na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey en horario de 9.00 a 14.00 horas ata o próximo 20 de febreiro de 2016. 

 

Os premios serán outorgados polo xurado, que será o Consello Local de Igualdade, quen concederá un primeiro premio de 300 euros, un segundo premio de 200 e un terceiro de 100 euros. O ditame será comunicado o 26 de febreiro e a entrega realizarase no marco dos Premios Meca da Igualdade. Ademais diso, a fotografía gañadora será empregada no Día Internacional da Muller Traballadora e todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo.

 

BASES>