O Concello organiza un obradoiro de artes escénicas para a mocidade
Fecha: 2016-01-19
O Concello do Grove, coa colaboración da asociación Enxebre (que cede as súas instalacións para desenvolver esta actividade formativa), ten aberto o prazo de incrición para un obradoiro de artes escénicas que comezará a impartirse en canto se completen as 16 prazas dispoñibles.
As clases serán impartidas por Atenea García, de Xarope Tulú, e están dirixidas a mozas e mozos de entre 12 e 19 anos. Terán lugar os martes, de 17.00 a 18.30 h e o prezo é de 10 € persoa/mes.
As persoas interesadas poden inscribirse directamente na OMIX, no teléfono 986 730 609, no correo electrónico omix@concellodogrove.es ou no Facebook OMIX O Grove.