Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello adxudica o contrato do equipo de apoio técnico ao PXOM e para a o plan do Centro de Día

Fecha: 2016-01-21

A empresa coruñesa gañadora do concurso foi a única das tres convidadas en presentar proposta.

 

Tal e como se tiña presentado nas charlas abertas aos veciños e veciñas, o remanente existente do contrato de redacción do PXOM permitiu sacar a concurso un servizo de apoio técnico para os procesos que o Plan Xeral requirirá nos vindeiros meses. A empresa gañadora do concurso comezará cos seus traballos a finais do mes de xaneiro e deberá prestar apoio aos servizos municipais que se están encargando do tema.

 

A entrada desta empresa de apoio permitirá que os traballos adquiran un maior ritmo xa que, ata o de agora, os avances se vían limitados pola sobrecarga do servizo de urbanismo (que tivo que facer fronte aos proxectos que se porán en marcha cos fondos da Deputación de Pontevedra) e a limitación de recursos técnicos municipais para este fin, xa que son precisos programas de xestión específicos e manexo de planimetría e bases de datos moi amplas.

 

Este equipo, ademais, será o encargado de elaborar os planos que se requirirán nas charlas públicas que se porán en marcha nos vindeiros meses, podendo así contar con apoio claro para explicar cada un dos elementos que se vaian incorporar ou eliminar do plan. 

 

Centro de día

 

Esta empresa tamén será a responsable de completar a información técnica necesaria para continuar coa tramitación administrativa do chan para o Centro de Día. Debemos lembrar que o dito proceso foi paralizado polo anterior goberno e que xa se mantiveron conversar cos organismos responsables na Xunta de Galicia para desbloquealo. Deste xeito, e tras reunión coa secretaria xeral de Urbanismo, acordouse que o plan parcial que fora botado abaixo polo tripartito podería ser retomado coa presentación dos informes sectoriais pendentes. Ese é polo tanto, o encargo pendente para este novo equipo de traballo. 

 

O Equipo de Goberno agarda que ambas cuestións poidan presentar un notable avance con este apoio, mantendo unha axenda clara de reunións e de cumprimento de trámites que permita que se poidan ir concretando actuacións.