O Concello pon en marcha as visitas escolares ao Complexo Intermareal Umia-O Grove
Fecha: 2016-01-22
As visitas realizarase 27, 28 e 29 de xaneiro e o 1 de febreiro.
Volve a poñerse en marcha unha actividade que tivera unha boa acollida o ano anterior. Trátase das visitas escolares para avistamento de aves no Complexo Intermareal Umia-O Grove, que forman parte das actividades do Proxecto Pio, e que permiten que as rapazas e os rapaces do Grove coñezan de primeira man a riqueza ornitolóxica do seu concello.
Cada un dos centros escolares elixiu unha das datas ofrecidas, fixadas en función das mareas e da cantidade de aves que presumiblemente haberá neses días. A visita contará cun programa completo que comprende unha sesión teórica, na que se explicarán as bases da observación, para posteriormente realizar a saída de campo, saídas que terán unha duración de hora e media e que situarán o seu punto de observación na enseada do Grove. Os rapaces e rapazas participantes contarán co apoio de dous guías ornitolóxicos e dous telescopios de alta gama ademais dos correspondentes prismáticos e guías de aves.