Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello remata as obras de arranxo da fachada do colexio de Rosalía de Castro

Fecha: 2016-02-02

Ponse así fin ás obras que aseguraron as fachadas do centro. 

 

Logo de que o Concello do Grove tivera que asumir as obras de reforma das fachadas do antigo edificio dos mestres e do propio edificio do colexio ante a inactividade da Consellería de Educación, responsable do inmoble, esta semana rematáronse as obras adicionais. Trátase do pintado e limpeza das dúas fachadas do colexio, tanto a que dá á rúa Conchases como á da rúa Rosalía de Castro. Deste xeito, o colexio conta cunha mellora notable no relativo a súa seguridade externa, o que permitiu, xa hai varias semanas, a reapertura do patio traseiro logo de que este tivese que ser valado debido aos riscos de desprendementos da fachada do edificio lindeiro.