Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Dez equipos confirmados na Liga Municipal de Fútbol Sala

Fecha: 2016-02-09

Este venres remata o prazo de inscrición e os partidos comezará o vindeiro martes. 

 

A día de hoxe xa son 10 os equipos conformados para tomar parte na Liga Municipal de Fútbol Sala. Ata o vindeiro venres estará aberto o prazo para que os que o desexen poidan pasar polo Concello a inscribirse, xa que poden participar ata 12 agrupacións. O vindeiro venres ás 20.00 horas terá lugar a reunión con todos os participantes para poder informalos das normas da competición así como do trámite de inscrición de xogadores ou da elaboración das actas. 

 

A competición comezará o martes, 16 de febreiro, con tres partidos ás 21.00, 22.00 e 23.00 horas. Logo dos partidos que configuran a liga comezará a competición de copa, co que os equipos estarán en xogo ata o mes de xuño. Lembramos que a inscrición nesta liga é gratuíta este ano.