Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os cambios no desfile de Entroido fan modificar tamén o Enterro da Sardiña

Fecha: 2016-02-11

Os voluntarios que realizan a sardiña levan semanas traballando para tela lista.

 

Logo de que o mal tempo fixera preciso modificar a data do Desfile do Entroido, que se celebrará o vindeiro 20 de febreiro, tamén é necesario facer cambios no relativo ao tradicional enterro da sardiña. O dito enterro estaba previsto para este venres, porén, a tradición indica que este evento marca a fin do Entroido, polo que a organización e os voluntarios que levan semanas traballando na elaboración da sardiña consideraron oportuno adiar a súa incineración ata o propio día 20, logo do desfile.

 

Deste xeito, os horarios para o día 20 manteranse da seguinte forma:

15.30 h. Inscricións dos disfraces na Carpa do Entroido (obrigatorio para participar).

16.00 h. Photocall do Entroido Meco na Carpa do Entroido.

16.30 h. Concentración de disfraces na praza do Corgo.

17.00 h. Inicio do desfile no Sambódromo Meco con animación musical durante o percorrido.

20.00 h. Instalación da capela ardente na Carpa de Entroido da praza do Corgo e Gran comitiva fúnebre para a condución da finada desde a Carpa do Entroido ata o lugar de incineración, acompañarase tamén o enterro da xoubiña (sardiña infantil). Premio a o grupo de choradeiras máis numeroso.

21.00 h. Festa de entrega de premios do Concurso de Disfraces na Carpa do Entroido situada na Praza do Corgo. 

 

Lembramos que no desfile repartiranse 2.800 euros en premios e que o enterro da sardiña recolle este ano tamén o enterro infantil das “xoubiñas”. Aqueles rapaces que queiran facer as súas xoubiñas poderán facelo no obradoiro que terá lugar hoxe na Carpa do Entroido coa colaboración de Artegrove. Tamén haberá un premio de 100 euros para o grupo de choradeiras máis numeroso que acompañe a defunta sardiña.