Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Pintado de contedores

Fecha: 2010-03-04

A Concellería de Limpeza do Concello do Grove solicitou a ONG Humana a limpeza e pintado de todos os contedores para mellorar a imaxe da recollida de roupa e calzado. Comezaron hai uns días co repintado e reforma dos contedores polo cal estes días pódese encontrar un cartel anunciando a precaución na súa utilización por estar recen pintados.

 

Comentar que durante o primeiro trimestre do ano 2009 recolleuse un total de 6.430 kilos sendo os contedores das rúas Alexandre Bóveda e Confín os que máis kilos recolleron, 1790 e 1520 respectivamente. Seguiulle Terra de Porto con 1400.

 

Durante o segundo trimestre recolleuse un total de 7.760 kilos alcanzando de novo o contedor da rúa Alexandre Bóveda o record con 2.040 kilos, seguiulle Terra de Porto con 1.780 e o Mercado con 1.420 kilos.

 

No segundo trimestre houbo un baixón xa que se recolleu preto de 5.920 kilos voltando a zona  de Alexandre Bóveda a rexistrar a maior cantidade, 1.740 kilos, seguido do Mercado con 1.400  e Terra de Porto e Confín con 1.120 kilos.

 

Finalizando o ano  o cuarto trimestre acadou as maiores cifras de recollida  alcanzando os 7.860 kilos recollidos. Porén, neste caso o contedor de Alexandre Bóveda foi superado en número de kilos polo de Confín situado preto do Paseo Marítimo, con 2.070 kilos, e o de Terra de Porto con 1.780 kilos. O contedor de Alexandre Boveda acadou os 1.770 kilos.

 

En total a recollida de roupa no ano 2009 obtivo un total de 27.870 kilos. Este dato ten unha gran importancia xa que ata que non se instaurou este servizo no Grove a roupa iba directamente os contedores de R.S.U.  Se  consideramos que a roupa estivera seca e non se humedecera co contacto co lixo, con cal pesaría moito máis, teríamos que a súa xestión costaría un 1.500 euros. Esto representa a compra de 25 papeleiras máis para as rúas do Grove. Xuntos e grazas a colaboración de todos os veciños estamos mellorando  o medio ambiente e a xestión dos residuos do noso pobo.