Iníciase a instalación dos equipamentos finais do novo pavillón
Fecha: 2016-02-17
Desde onte comezaron a colocarse as canastras, porterías e marcadores manuais.
Os elementos finais que restaban para rematar o pavillón foron recibidos na mañá de onte. Trátase das canastras de baloncesto, as porterías para fútbol sala e unha serie de marcadores manuais precisos para o desenvolvemento das distintas competicións deportivas. Xa se comezaron a montar estes elementos, polo que se agarda que nun par de días poidan estar dispoñibles. Todo isto contribúe a que esta nova instalación poida estar xa a pleno rendemento e atenda o alto grao de ocupación que está mantendo e ás demandas dos usuarios.