Os técnicos da Deputación de Pontevedra realizan unha revisión dos puntos negros do Concello
Fecha: 2016-02-18
O pasado venres realizouse unha revisión daquelas zonas do municipio problemas de mobilidade.
Tras a solicitude realizada polo Concello, técnicos da Deputación responsables de mobilidade trasladáronse ao Grove para valorar puntos negros nas estradas de titularidade provincial no municipio. A dita avaliación resulta fundamental para poder determinar a localización dos lombos de estrada previstos, tanto os realizados con financiamento municipal como os que se acollerían no plan Móvese da Deputación Provincial.
Ademais deste asunto, un elemento fundamental da visita foi valorar in situ a mellor solución para as beirarrúas que se van poñer en marcha en San Vicente, e que atenden a unha demanda fundamental da veciñanza da zona. O vindeiro 25 de febreiro, o alcalde e a concelleira delegada manterán unha reunión co deputado provincial responsable desta infraestrutura para valorar a mencionada actuación.