Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O libro gañador do Premio Lueiro Rey de 2015 será presentado nun acto literario o vindeiro venres

Trátase da primeira actividade que o Concello pon en marcha dentro do programa que se elaborará para celebrar o centenario de Manuel Lueiro Rey.

A obra O noiro, de Antonio Piñeiro, gañadora do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta do Concello do Grove do ano 2015, será presentada o vindeiro venres ás 20.00 horas na Sala das Cunchas da Casa do Concello. A presentación consistirá nun acto literario que contará coa intervención de Armando Requeixo, crítico literario, en representación dos membros do xurado e do propio autor, todo amenizado pola música da arpa celta de José Maquieira.

Este acto dálle continuidade á gala de entrega de premios celebrada no pasado mes de novembro e é o primeiro dun programa no que se está a traballar en colaboración co Concello de Fornelos de Montes (lugar de nacemento de Lueiro Rey) para conmemorar o centenario do nacemento do escritor Manuel Lueiro Rey. Inda que as actividades principais están previstas para o mes de abril, estas estenderanse durante todo o 2016.


Todas as novas