Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Estudo do pé

Fecha: 2010-03-05

 

A Concellaría de Deportes agasalla aos deportistas un estudo informatizado da pegada plantar para previr lesións.

 

O Centro de Podoloxía e Quiromasaxe realizará os estudos, sen custe algún, o sábado 27 de 17.00 a 21.00 h e o domingo 28 en horario de 16.00 a 20.00h

 

Entre as novidades da VI edición da Gala de Deporte Meco destaca o agasallo dun estudo informatizado da pegada plantar a toda persoa interesada no tema, tanto vinculada co mundo do deporte como non.

A Concellaría de Deportes vén de xestionar co Centro de Podoloxía e Quiromasaxe a realización dun estudo informatizado da pegada para previr lesións dentro do ámbito deportivo. Deste xeito, e ao modo dos grandes clubes que xa contan con esta proba á hora de realizar o recoñecemento médico, os interesados en someterse a este estudo non teñen máis que achegarse á Casa da Cultura Manuel Lueiro o sábado 27 entre as 17.00 h e as 21.00 h ou o domingo 28 en horario de 16.00 a 20.00 horas.

 

En que consiste? Cal é a súa utilidade?

Por todos é sabido que os nosos pés son os encargados de levarnos dun lugar a outro e, xa que logo, deben soportar todo o peso do noso corpo. Este peso debería estar repartido dun xeito en concreto a fin de garantir unha boa harmonía corporal. Así pois, o 75% da forza debe recaer sobre a zona do talón mentres que o 25% restante sobre a zona do medio e mailo antepé. Se o peso está irregularmente repartido, este é un indicador de que algún problema se aveciña.

O estudo informatizado da pegada mide mediante unha escala de cores as zonas nas que presionamos e que cantidade de presión recibe cada zona. Un mal reparto de presións na pegada plantar indicará a presenza dalgún problema a nivel do pé, nocellos, xeonllos, cadeiras….

 

As persoas que se sometan ao estudo recibirán unha copia do informe asinado polo Centro de Podoloxía no que se lles informará sobre as irregularidades reflectidas na pegada e se lles dará unha pequena orientación sobre os problemas que poderían chegar a derivarse da súa situación actual.