O Concello do Grove pon en marcha outro curso de cociña para a mocidade: Tapas e Tostas
Fecha: 2016-02-26
Esta previsto que comece o 5 de marzo no Centro Vacacional da Lanzada.
A boa aceptación do curso de cociña que se desenvolveu entre xaneiro en febreiro e atendendo á grande demanda existente cara a este tipo de formación, o Concello do Grove pon en marcha un curso de Tapas e Tostas dirixido a mozas e mozos de 18 a 35 anos que pretende darlle continuidade á formación dos meses anteriores.
O curso terá un custo para os participantes de 20 euros e o número de prazas está limitado a 15. A formación impartirase nas instalacións do Centro Vacacional da Lanzada cedidas para este fin pola Deputación de Pontevedra. As clases desenvolveranse os sábados do mes de marzo en horario de tarde.
Para inscribirse no curso tan só é necesario poñerse en contacto coa Oficina de Información Xuvenil (OMIX) na súas dependencias do edificio administrativo (teléfono 988 730 609).