Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello do Grove abre o prazo de presentación das candidaturas para a Gala do Deporte

As propostas poderán ser realizadas por individuais ou colectivos presentando un escrito no rexistro do Concello do Grove. 

De cara á celebración da Gala do Deporte do ano 2016, o Concello do Grove quere recoller as propostas para nomear os galardoados nesta edición. Para ese fin, desde hoxe martes e ata o vindeiro xoves 31 de marzo poderán presentarse as candidaturas mediante un escrito dirixido ao Rexistro do Concello do Grove. 

Lembramos que os premios da Gala do Deporte recoñecen a actividade de deportistas individuais e equipos do Grove que, durante o ano 2015 conseguiran logros de importancia no seu eido deportivo. As propostas, polo tanto, deberán relatar os referidos méritos para que o Consello Local de Deporte poida determinar os distintos galardoados.


Todas as novas