Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca os veciños e veciñas da zona de Ardia a unha nova charla sobre o PXOM

Fecha: 2016-03-31

 

O encontro terá lugar hoxe xoves ás 20.00 horas no Colexio Valle-Inclán.

 

Dentro do traballo posto en marcha polo Goberno local para sacar adiante o novo PXOM, esta semana tócalle a vez a outra zona que na actualidade se contempla como rural. Trátase do núcleo poboacional de Ardia, habitado por un número importante de veciños e veciñas.

 

O Concello do Grove convida a todos eles a que participan na reunión informativa que terá lugar hoxe xoves, 31 de marzo ás 20.00 horas nunha das aulas do colexio Valle-Inclán. Na xuntanza expoñerase o traballo desenvolto ata agora polos técnicos e escoitaranse as suxestións dos implicados para seguir avanzando nos borradores.