Retirada de cuncha de mexillón
Fecha: 2010-03-29
A empresa Conservas Isabel comezou a retirada da cuncha de mexillón. Despois de 10 anos encontrouse unha solución a este problema ambiental. Dende a Concellería de Limpeza plantexóuselle á empresa a retirada voluntaria da cuncha polo ben do medio ambiente xa que selar o vertedoiro con preto de 3000 toneladas de residuo, aínda que era a opción proposta, con voluntariedade podíanse buscar novas alternativas. Tras ter varias reunións con Conservas Isabel e a Xunta de Galicia, o concello solicitou a maiores os servizos da consultora externa Vertebra ambiental para realizar un informe sobre o expediente da cova da loba. Unha vez analizada a situación requiriuse unha serie de documentación á empresa.
Tras un periodo de tempo, a empresa valorou a posibilidade da retirada dos residuos debido á rapidez e solución do problema. Os traballos de retirada da cuncha de mexillón comezaron o luns 15 de marzo de 2010 por parte do xestor autorizado de R.S.U e vertedoiros controlados S.L (GESTAN). A previsión do xestor é a retirada de 400 toneladas de mexillón por día, o que nos alargaría a un total de 7 ou 8 días laborais para a extracción total da cuncha.
Creo que esta opción levada a cabo pola empresa foi a mellor opción que puido barallar. É unha das maiores contribucións ao medio ambiente levadas a cabo no municipio do Grove. Con esta actuación salvagardáronse por completo futuras actuacións que se poidan levar a cabo no cauce do río. Esta actuación pasaría pola completa restauración dunha ruta de muíños existente na contorna. Cando se fala de este tema e de esta forma é porque antes da actuación existía unha posible contaminación do río que previsiblemente puidera vir do vertedoiro. Sen dúbida a opción tomada pola empresa é a máis razoable de cara a posibles problemas no futuro.