Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concurso de Xoves Gaiteiros previsto para esta fin de semana non acada o mínimo de participación

Fecha: 2016-04-07

Mantéñense os obradoiros programados para o sábado na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

 A IV edición do Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas que organiza o Concello do Grove en colaboración coa Asociación Cultural Cantodorxo non acadou o número mínimo de inscritos nesta edición. Sendo oito tan só os participantes, non é posible levar a cabo o concurso que estaba dotado con premios de 500, 300 e 150 para os tres primeiros clasificados, e cun premio especial de 150 euros para o mellor acompañamento.

 

A pesar de que o domingo non se poderá celebrar ese concurso, o sábado si terán lugar as IV Xornadas de Música Tradicional cun obradoiro de arranxo de temas  para  formato de gaita e percusión a cargo do coñecido músico Suso Vaamonde.

 

Ante a baixa participación deste ano, o Concello do Grove realizará unha revisión das bases e do funcionamento deste concurso de cara a valorar a súa viabilidade futura. Segundo o establecido ata agora, os participantes debían ser mozos de entre 14 e 22 anos, grupo no que existe un especial interese para poder garantir o futuro dos instrumentos tradicionais.