Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Axencia Galega de Turismo concede unha subvención para a contratación de persoal para a Oficina de Turismo

Fecha: 2016-04-11

O Concello poderá iniciar o proceso de contratación de dous traballadores durante un período de tres meses cada un deles.

 

A Axencia Galega de Turismo dependente da Xunta de Galicia acaba de comunicar a concesión dunha subvención para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Esta subvención supón a achega por parte deste ente autonómico de 5.200 euros, sendo o resto dos gastos asumidos polo Concello. Dun xeito máis concreto, para O Grove foron concedidos dous contratos de tres meses que irán desde o 15 de xuño ao 15 de setembro.

 

Será o Concello o que poña en marcha o proceso de selección de persoal seguindo a normativa vixente a este respecto. Estes contratos complementan os realizados por parte do Concello e os que subvenciona a Deputación de Pontevedra e permitirán manter a debida atención aos visitantes na Oficina de Turismo da praza do Corgo, un dos puntos con maior número de turistas da comarca do Salnés.