O Concello do Grove convoca a veciñanza de Meloxo, Campos e Estonllo a unha nova charla sobre o PXOM
Fecha: 2016-04-13
Será mañá, xoves, ás 20.00 horas no colexio Conmeniño.
Seguindo coa liña de traballo marcada desde a chegada ao Concello, o Grupo de Goberno municipal convoca os veciños e veciñas a unha charla informativa sobre o PXOM. Neste caso abordarase o relativo ás propostas sobre os núcleos rurais de Meloxo, Campos e Estonllo, co fin de que a veciñanza da zona poida opinar sobre a evolución dos traballos que o equipo técnico municipal está a levar a cabo.
O Concello do Grove segue avanzando na elaboración deste documento, sempre atendendo ás demandas e propostas colectivas das e dos grovenses. Agárdase que, logo da rolda de sesións informativas mantidas na zona rural, no mes de maio poida abordarse o relativo á zona urbana.