A Gala do Deporte premia os maiores logros deportivos
Fecha: 2016-04-15

O novo pavillón do Monte da Vila acollerá este domingo 17 ás 20.00 horas unha nova edición da Gala do Deporte. Evento impulsado polo Concello para recoñecer e poñer en valor o esforzo e os triunfos dos clubs e deportistas dun municipio intimamente ligado á práctica deportiva como é O Grove.
Os premios foron ditaminados por un xurado formado por xornalistas deportivos a partir das propostas presentadas nas últimas semanas pola veciñanza e os propios clubs. Galardóns individuais e colectivos que queren recoñecer méritos persoais; pero tamén a traxectoria e relevancia de clubs de terra e mar a nivel colectivo. A gala será presentada polo xornalista deportivo da TVG Terio Carrera.
Os finalistas son:
Mellor deportista masculino promesa:
Borja Lamas e Iván Meis (C-2 infantil Breogán)
Daniel Gonçalves Padín (cadete masculino Rasoeiro BM)
Diego Abal Fontenla (xuvenil Unión SD)
Mellor deportista feminina promesa:
Lidia Riveiro Cacabelos (alevín Unión SD)
Lucia Devesa Barreiro (Breogán)
Sara Torres (xuvenil Cambados Baloncesto)
Mellor equipo feminino:
Sénior Rasoeiro BM
Prebenxamín de ximnasia rítmica
K-4 sénior Breogán
Mellor equipo masculino:
Cadete Unión SD
Xuvenil Club de Remo Mecos
C-4 Sénior Breogán
Mellor evento deportivo:
Concurso exposición ornitolóxico
XII Travesía da Toxa
BTTRAIL Península do Grove
Mellor labor coa base:
Club de Remo Mecos
Unión SD
Club Biqueira de ximnasia rítmica
Mención vida dedicada ao deporte:
Manuel Otero García. Xogador histórico do Club Deportivo Grove durante moitas temporadas, colaborando despois como directivo e actualmente colaborador do Unión Sociedade Deportiva en tarefas auxiliares.
Mellor adestrador:
Jose Luis Otero e Kito Parada (Breogán)
Diego Portela (Amegrove Club de Remo )
Benigno Fábregas Martínez (Club de Remo Mecos)
Mellor club:
Club de Remo Mecos
Rasoeiro BM
Unión SD
Mellor deportista feminina:
Lara Lois García (Ciclismo)
Andrea Oubiña (remeira en San Juan)
Natalia García Naveiro (Breogán)
Mellor deportista masculino:
Javier Míguez Prol (Unión SD)
Tono Campos (Breogán)
Bruno Montesinos (Cisne Balonmán)