Comezan as proxeccións de Cinemas de Galicia co filme ‘A praia dos afogados’
Fecha: 2016-04-15
A entrada ten un custo de tres euros e poderá adquirirse no mesmo local desde unha hora antes de comezo da función, prevista para as oito da tarde.
A Casa da Cultura xa dispón da nova pantalla de cine que permite dar comezo ao ciclo de Cinemas de Galicia. Dentro da programación para este ano a primeira película que se porá á disposición do público será A praia dos afogados, interpretada por Carmelo Gómez e Antonio Garrido e dirixida por Gerardo Herrero. O filme está baseado nunha novela homónima de Domingo Villar e está integramente rodada en paisaxes galegas. A proxección será en galego. Desde o Concello do Grove anímase aos veciños e veciñas a volver a recuperar o costume de ir ao cine.