Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Reabre o servizo da Axencia de Lectura de San Vicente

Fecha: 2016-05-03

A biblioteca da Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder abrirá co horario habitual. 

 

Logo de rematarse o proceso de selección para o auxiliar de Cultura que ten que cubrir a baixa do traballador que se ocupaba deste servizo, pode reabrirse o servizo da Axencia de Lectura de San Vicente que se mantiña pechado desde hai tres semanas por mor da carencia de persoal.

 

O proceso foi levado do xeito máis rápido posible, pero os prazos administrativos supoñen non se adiantar más aló do tempo marcado. O novo persoal tamén se encargará de atender o Plan Madruga, que mantivo a súa actividade mediante a contratación dunha empresa externa que se encargou de mantelo de xeito puntual. 

 

Desde o Concello do Grove transmítense as desculpas aos usuarios destes servizos polas incomodidades destes días, se ben estes se producen por causas alleas sobrevidas, polo que se agradece a comprensión.