Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Concello do Grove, autocaravanistas, hostalería

Fecha: 2016-05-09

 

 

Ante a problemática suscitada nas anteriores semanas no relativo á situación das autocaravanas no concello do Grove, tivo lugar unha reunión aberta que contou coa presenza, mediante o convite do Concello, da Asociación de Autocaravanistas de Galicia e do sector da hostalería do Grove. Na reunión, desenvolvida na Sala das Cunchas da Casa do Concello na tarde do venres, quedou clara a existencia dunha gran confusión no tocante ao acontecido en días anteriores, en moitos casos froito de informacións incorrectas publicadas nos medios. 

 

Unha vez identificados os erros, cales eran as demandas reais dos autocaravanistas e cal era a visión do sector da hostalería, puido avanzarse en concretar que o problema fundamental se atopa na ordenanza denominada “de bo goberno” do ano 2011, xa que, a pesar de que segundo os datos municipais non se ten rexistrado ningunha multa ou expediente, xéralle inseguridade aos visitantes que se achegan ao Grove neste tipo de vehículos. 

 

Neste punto, desde o Concello do Grove, tal e como se fixera no Pleno do mes de abril, manifestouse o compromiso de modificar a dita ordenanza o antes posible para evitar así a inseguridade xurídica que os autocaravanistas manifestaron e constatando, polo tanto, a normalidade no desenvolvemento deste tipo de turismo. 

 

No referido a outras demandas que xurdiron en canto ás áreas de estacionamento ou zonas de equipamentos específicos, quedou constatado tamén que non se trata dunha necesidade perentoria ou urxente ao existir servizos deste tipo nas proximidades e entendendo a imposibilidade municipal de abordar cuestións deste tipo de xeito inmediato. Nesta liña entendeuse que resultaría produtivo establecer unha vía de diálogo e colaboración cos cámpings locais para poder valorar as instalacións actuais e a súa adaptación ou non ás novas necesidades que este tipo de vehículos presentan. 

 

Deste xeito, e cun espírito totalmente construtivo e dialogante, tentaranse manter as vías de diálogo abertas para que se constante a colaboración entre o Concello, os autocaravanisas e a hostalería local na busca dun entendemento que preserve os intereses de todos os implicados. Ademais da modificación indicada da ordenanza, poderase contar con información directa das necesidades ou problemas que vaian xurdindo nos distintos eidos.