Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Comezan esta semana as actividades para a mocidade do Concello do Grove

Fecha: 2016-05-18

 

 

O vindeiro sábado 21 de maio comezan as actividades especificamente dirixidas á mocidade do Grove. Trátase dun amplo programa que se desenvolverá durante as fins de semana de maio a xuño e que terá como escenario fundamental as rúas do Grove. Tal e como se recolle no programa que poden ver máis abaixo, as actividades previstas abordarán gran variedade de disciplinas, que van desde o tiro con arco ao baile urbano, a fotografía ou as actividades medioambientais.

 

Toda a programación é de balde e non é necesaria inscrición previa, agás no Obradoiro de fotos co móbil e a visita ao Obradoiro da Aula Ambiental da Siradella. Para inscribirse nestas actividades ou contar con información das restantes tan só é preciso achegarse á Oficina de Información Xuvenil do Concello, situada no segundo andar do edificio administrativo.

 

Para a organización destas actividades resulta fundamental a colaboración de colectivos como a Asociación Cultural Paradanda-Mecos, a Asociación Ría Urbana, a Asociación de Arqueiros da Canteira e a Aula da Natureza, contando ademais co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.