Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

OBRADOIRO DE EMPREGO

Fecha: 2010-04-15

O Concello do Grove presenta proxecto de Obradoiro de Emprego ante a Consellería de Emprego e Benestar.

O Proxecto consta de tres módulos formativos, Atención Sociosanitaria no Domicilio e en Institucións, Información Turística e Traballador Forestal. A solicitude de alumnos por módulo é de quince e o inicio sería para o mes de xuño.

O proxecto pretende dar constinuidade a actuación actual e poder formar a persoas desempregadas maiores de 25 anos para mellorar as súas posibilidades de atopar emprego.