Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello pon en marcha a Escola de Verán 2016 con 200 prazas

Fecha: 2016-06-10

 

 

O Concello do Grove ten aberto o prazo de matrícula das Escolas de Verán que se desenvolverán entre o 1 de xullo e o 26 de agosto. As persoas interesadas en participar deberán presentar a súa inscrición antes do 17 de xuño, entregando a documentación correspondente no edificio administrativo do Concello. Estas actividades están dirixidas a nenas e nenos nados entre 2004 e 2012 e contarán con actividades de luns a venres (excepto festivos) no colexio público Rosalía de Castro. 

 

Establecerase un programa semanal que inclúe diversas actividades lúdicas, pedagóxicas e psicomotrices e tamén saídas á praia. Tamén se contempla a práctica de deportes, excursións pola natureza e actividades ao aire libre en xeral. Os nenos e nenas realizarán distintos programas en función dos grupos de idade que lles corresponda.

 

Establécense dous tipos de horarios para participar na Escola de Verán: o reducido (de 9.30 a 13.30 horas) e o ampliado (de 8.00 a 14.30 h). O custo da actividade varía en función deste horario e de se se está ou non empadroado no Grove, tamén se ofrece a posibilidade de realizar a matricula no curso mensual ou por quincena. Así mesmo, establécense reducións de prezo se unha familia matricula máis dun neno ou nena (10% de desconto para o segundo fillo e 20% para o terceiro). 

 

Esta actividade enmárcase dentro das accións de Conciliación que pon en marcha o Concello do Grove e pretende achegar unha solución para aquelas familias nas que as vacacións dos nenos e nenas non son compatibles coas obrigas laborais dos pais e nais.

 

 

Máis información e formulario>