Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove aproba a ampliación da rede de conexión a internet do instituto Monte da Vila

Fecha: 2016-06-14

A Xunta de Goberno Local vén de lle outorgar a correspondente licenza á empresa R de comunicacións, adxudicataria do contrato que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia lle concedeu para ampliar a rede de conexión do Instituto do Monte da Vila. O problema da baixa de calidade de conexión á rede tiña sido exposto en numerosas ocasións pola comunidade educativa, feito que xeraba un problema importante no desenvolvemento das actividades formativas neste centro de secundaria.

 

De feito, a reclamación da mellora deste servizo foi unha das cuestións que se puxo sobre a mesa na reunión mantida coa Consellería nos pasados meses. Daquela reunión saíu un compromiso de mellora que agora comeza a tomar forma logo da solicitude de autorización para a realización da correspondente instalación de cables que dote de maior capacidade de transmisión o centro educativo e, ao mesmo tempo, a zona do Monte da Vila.