Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove asina un convenio coa protectora de animais de Cambados para o control de colonias felinas de rúa

Fecha: 2016-06-20

O Concello do Grove acaba de formalizar un convenio coa asociación protectora de animais de Cambados coa finalidade de financiar a actividade de control das colonias felinas nas rúas do Grove. O convenio fixa unha achega municipal de 3.500 euros e colabora, así, con esta asociación que ten como finalidade fomentar a convivencia entre animais e persoas, ademais de protexer e denunciar os malos tratos aos animais.

 

Trátase, por tanto, dunha colaboración que resulta necesaria para evitar os problemas que xorden polo incremento dos animais que viven na rúa en pésimas condicións e que poden chegar a crear problemas de salubridade. Así pois, contarase cun colectivo que traballará na súa recollida e coidado, mellorando as súas condicións e evitando os problemas que tiñan xurdido nos últimos tempos.