Boa evolución da píllara das dunas na Praia da Lanzada
Fecha: 2016-07-19
Localizáronse novos exemplares na zona.
A pesar da alta ocupación da praia da Lanzada nestes días as píllaras nacidas na Lanzada nestes meses evolucionan moi ben. Representantes de SEO Asturias estiveron nestes días visitando os niños xa que tiñan un especial interese en ver unha especie que desapareceu das súas costas nos anos setenta.
Segundo as informacións recibidas polos responsables de SEO Birdlife os polos están bastante crecidos e algúns incluso xa emplumados facendo pequenos voos. A boa nova tamén estivo no avistamento de novos exemplares na zona. Ademais diso os membros de SEO Birdlife desprazados na praia aproveitaron a ocasión explicar algúns dos numerosos visitantes da praia esta iniciativa de conservación medioambiental facendo educación ambiental entre os bañistas.
Protección da píllara
Lembramos que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza dependente da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia ten establecidas unhas normas fundamentais de conservación dos areais, especialmente naqueles casos en que, como sucede na praia da Lanzada, existen especies especialmente protexibles.
Segundo o informe elaborado o 27 de abril de 2016 no relativo á “limpeza mecánica das praias incluídas na Rede Natura 2000” a limpeza realizada con maquinaria pesada, tal e como se facía en anos anteriores, precisa de autorización previa do organismo competente. Deste xeito, só se permite este tipo de limpeza en contadas ocasións na temporada sendo a primeira delas hoxe martes.