O Concello informa da dispoñibilidade de aparcadoiro adicional na zona de heliporto durante a ponte de agosto
Fecha: 2016-08-12
Reforzarase a sinalización para dirixir aos condutores a este espazo de grande capacidade.
O espazo destinado a heliporto detrás da lonxa e do mercado da zona do Corgo poderá ser empregado de xeito excepcional como aparcadoiro durante esta ponte de agosto. Trátase dunha solución provisional que tenta achegar máis espazo de aparcadoiro e así minorar os problemas de tráfico que este verán se están sufrindo na vila.
Para tentar informar deste espazo adicional colocarase sinalización provisional que informe do feito e os axentes da Policía Local tentarán informar adecuadamente desta circunstancia os visitantes.