A Policía Local do Grove inicia hoxe unha campaña de control de velocidade nas rúas do concello
Fecha: 2016-08-23
Dentro da colaboración coa Garda Civil de Tráfico, contarase co vehículo de radar móbil.
A Policía Local do Grove disporá esta semana do radar de Tráfico. O vehículo, que é empregado habitualmente polos municipios para a realización de campañas de control de velocidade nas zonas urbanas das vilas, dispón de radar e está identificado coa imaxe de Tráfico. A campaña busca lembrarlles aos condutores a necesidade de manter a velocidade adecuada dentro do núcleo urbano, sendo un elemento disuasorio para comportamentos inadecuados a este respecto. Infórmase de que o vehículo se instalará nas rúas Tenente Domínguez, Xoán XXIII e avenida de Portugal.