Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Esta semana remata o prazo para participar no Concurso de Carteis para a Festa do Marisco 2017

Fecha: 2016-08-30

 

 

Os orixinais poderán presentarse ata o vindeiro venres, 2 de setembro, ás 14.00 horas.

 

As persoas interesadas en participar no tradicional concurso de carteis da Festa do Marisco poderán facelo ata o vindeiro venres, data na que remata o prazo de presentación segundo as bases aprobadas polo Concello do Grove. Trátase de realizar un orixinal para a LIV edición da Festa do Marisco que se celebrará o vindeiro ano, cumprindo os requisitos de que figure o anagrama da Festa (centola coa cunca) e as datas da festa (do 5 ao 15 de outubro de 2017), ademais de incluír expresamente o nome da “Festa do Marisco. O Grove”.

 

Os carteis deberán se entregados nas oficinas do Concello antes das 14.00 horas do 2 de setembro e os autores optarán a un premio de 350 euros. As bases completas poden consultarse aquí>