Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove outorga as axudas para material escolar

Fecha: 2016-08-31

 

 

87 menores beneficiaranse desta liña de axudas que permite as familias facerlle fronte ao material escolar para o curso 2016-2017.

 

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado luns as axudas para libros e material escolar correspondentes ao curso 2016-17. En total foron presentadas 115 solicitudes das cales foron admitidas a trámite 112 (3 non achegaban a documentación requirida). Unha vez estudadas estas polos Servizos Sociais do Concello, foron concedidas 61. As 51 solicitudes non estimadas foron aquelas en que se superaban os ingresos económicos previstos.

 

As 61 solicitudes concedidas permiten ofrecerlles axuda económica para libros e material escolar a 87 menores, dos cales 19 se atopan matriculados en educación infantil, 34 en educación primaria e 34 en educación secundaria. Isto supón un investimento municipal de 5.900 euros, que se reparten do seguinte xeito:

 

1.820 euros irán para menores de educación infantil (concédense 60 euros por menor para 1.º ciclo (0-3 anos) e 100 euros por menor para 2 ciclo (3 a 6 anos), xa que nesta etapa educativa non se pode acceder a axudas doutras administracións públicas para este concepto por non ser unha etapa obrigatoria. 1.700 euros para menores matriculados en educación primara (50 euros por menor)e 2.830 euros para os de secundaria (70 euros por menor). Nestes dous últimos casos as axudas son compatibles coas que ofrece a Consellería de Educación.

 

As notificacións das axudas concedidas serán trasladadas nos vindeiros días aos domicilios das persoas beneficiarias e indicaranse as correspondentes instrucións para o seu cobramento.