Cultura no Camiño trae ao Grove ‘A peregrinaxe da vangarda’
Fecha: 2016-09-02
Hoxe venres, ás 20.00 horas, a compañía Fusionarte porá en escena na praza do Corgo un espectáculo musical e de danza.
O Concello do Grove, grazas á colaboración do programa da Xunta de Galicia “Cultura no Camiño” en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), presenta mañá na praza do Corgo un espectáculo de danza e música da compañía Fusionarte. Trátase da montaxe A peregrinaxe da vangarda con música a cargo de Álvaro Muras, expresión corporal de Mari Ah! e audiovisuais de Ángeles García.
Segundo describen os autores, o espectáculo marca o camiño dunha confluencia artística que “nos leva a una experiencia extrasensorial difícil de esquecer por medio da danza, a música e os audiovisuais. Unha sinerxía de expresións peregrinando cara á vangarda”. Como fío argumental, un músico atopa unha chave que será a que abra a porta para comezar o camiño. No traxecto coñece unha bailarina que busca novas fontes de inspiración e xuntos percorrerán o camiño no que se presenta novas personaxes e novas historias.
A actuación comezará ás 20.00 horas na praza da Corgo.