Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aprovada a convocatoria para a promoción do emprego autónomo

Fecha: 2010-04-29

  • Esta iniciativa do Goberno galego subvencionará aos desempregados que se constitúan ou se constituíron como traballadores autónomos a partires do 16 de setembro de 2009.
  • O prazo para solicitar estas axudas rematará o 30 de xuño.
  • Por primeira vez, incentívase a primeira contratación indefinida que realicen os autónomos no seu primeiro ano de actividade.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde a través da que a Consellería de Traballo e Benestar investirá 18 millóns de euros en axudas para fomentar o autoemprego, o que beneficiará a máis de 3.000 desempregados galegos e galegas. O prazo para solicitar as axudas rematará o 30 de xuño e poderán acceder ás mesmas os desempregados que se constituíron como traballadores autónomos a partires do 16 de setembro de 2009. 

                A iniciativa ten por finalidade fomentar o emprego autónomo entre os galegos e galegas, en tanto se considera unha vía eficaz para facilitar a incorporación ou reincorporación das persoas desempregadas ao mercado de traballo, ao tempo que se fomenta a creación de microempresas, que son as xeradoras de emprego, riqueza e benestar en Galicia. 

 

Esta orde, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, contén diversos tipos de axudas, entre as que se inclúen, por primeira vez, incentivos para a primeira contratación indefinida que realicen os autónomos no seu primeiro ano de actividade. 

 

Ademais, este programa concede axudas a fondo perdido aos desempregados polo feito de constituírse en traballadores autónomos. Esta axuda pode acadar os 10.000 euros. Tamén se prevé unha axuda financeira para a reducción dos xuros do préstamo, que sexa necesario solicitar para afrontar os investimentos en inmobilizado material.

 

DOG 28 de abril coa Orde completa

 

INFORMACIÓN:

                    Técnico de Emprego e Desenvolvemento Local

                    Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul)

                    Rúa Castelao nº 173 baixo

                    Tlfno. 986 73 06 09   mail: adlogrove@concellodogrove.com