Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Xunta de Goberno Local aproba o Plan Especial para o Centro de Día

Fecha: 2016-09-06

Retómanse así os trámites que permitirán a construción deste equipamento.

 

A Xunta de Goberno Local que tivo lugar onte luns aprobou inicialmente o Plan Especial de Infraestruturas para a posta en marcha da construción do Centro de Día nos terreos das Touzas. Lembramos que este plan fora aprobado inicialmente hai xa máis de catro anos e que a falta dun trámite administrativo foi empregada como desculpa polo anterior goberno para cancelar o procedemento polo que, neste punto, foi preciso reiniciar o proceso completo de novo.

 

Deste xeito esta aprobación inicial é o primeiro paso para poder contar co Centro de Día. A partir de onte establécese un prazo de dous meses para exposición pública, prazo no que se poderían presentar alegacións a este. De xeito simultáneo, foron solicitados os informes sectoriais correspondentes que deberán estar elaborados nun prazo de tres meses. Logo deste período, o plan será aprobado provisionalmente na Xunta de Goberno e definitivamente por parte do Pleno municipal. Deste xeito, a previsión é que se poida contar con Plan definitivamente aprobado nos vindeiros catro meses.

 

Lembramos que, unha vez aprobado, o Concello dispón dos fondos para a construción deste equipamento. Hai cinco anos fora solicitado un crédito de 600.000 euros para este fin que segue dispoñible e que permitirá que, tras os trámites administrativos, a posta en marcha deste proxecto resulte rápida e concreta.  A proposta de proxecto conta con 40 prazas nun edificio de máis de 600 metros cadrados.

 

Máis información sobre o proxecto en:

http://centrodediaogrove.blogspot.com.es/