Aberto prazo de inscrición para a Escola de Música
Fecha: 2016-09-08
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o día 27 deste mes.
A partir de mañá, día 9 de setembro, ábrese o prazo de inscrición na Escola de Música municipal para o curso 2016-2017. As persoas interesadas poden descargar o impreso na web do Concello ou recollelo no edificio administrativo no horario de funcionamento habitual. Unha vez cuberto deberá ser presentado xunto coa documentación requirida no Rexistro do Concello. O prazo de presentación rematará o vindeiro día 27.
Lembramos, ademais, que as clases deste curso comezarán no renovado edificio do Monte das Flores, que conta cunha sala de ensaios insonorizada e cunha de illamento mellorado que aumentará a eficiencia térmica do local e, polo tanto, evitará os problemas de fríos e humidades que se viñan sufrindo ata o de agora nesas instalacións.