Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A rúa de Castelao reabrirase o luns e o martes desta semana por mor das obras de Gas Natural na rúa Luís Seoane

Fecha: 2016-09-12

 

As obras de asfaltado a rúa paralela á de Castelao resultan urxentes para mellorala.

 

As obras de asfaltado da rúa Luís Seoane, que realizará Gas Natural, suporán o peche desta vía durante dous días. Deste xeito, e para evitar problemas de circulación, manterase aberta a rúa de Castelao durante esas datas. O asfaltado que se vai realizar vai desde o cruzamento da rúa da Pratería ao da Luís Casais, unha zona cuxo firme na actualidade se atopa en moi malas condicións e que require dunha reparación urxente.

 

Precisamente a urxencia desa reparación supuxo que se aceptase o comezo das obras neste período, permitindo que a rúa se atope en boas condicións o antes posible. Deste xeito, as actividades de dinamización comercial que está realizando a asociación de comerciantes locais Emgrobes deberán realizarse coa rúa aberta durante estes dous días, volvendo a realizar o peche planeado inicialmente desde o mércores e ata o día 15.