Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello pon en marcha o programa de piscina e ximnasia para maiores

Fecha: 2016-09-23

 

O vindeiro luns, 26 de setembro, comeza o prazo de inscrición no servizos de piscina e ximnasia para maiores. As persoas interesadas en inscribirse deberán facelo no Rexistro do edificio administrativo de 9.00 a 14.00 h. Poderán participar nestas actividades persoas a partir de 50 anos e deberán elixir algunhas das quendas marcadas.

 

Deste xeito, o servizo de ximnasia, que se fará no pavillón municipal do Concello, ofértase os martes e xoves de 9.15 a 10.15 h ou os luns e mércores de 19.15 a 21.00 h cun custo de 7 euros mensuais para as clases de mañá e 10 euros para a quenda de tarde.

 

No referido ao servizo de piscina, que empregará as instalacións do Hotel Louxo na Illa da Toxa, ofrécese a opción de asistir un día escollendo entre os luns de 9.15 a 10.15 e os mércores de 9.15 a 10.15 horas. Asistindo dous días poderase escoller entre unha quenda de luns e venres de 9.15 a 10.15 h ou a de mércores e venres de 9.15 a 10.15 h. Neste caso, o custo é de 22 euros mensuais para a opción de un día e 40 para a de dous.

 

As prazas para ambas actividades outorgaranse por rigorosa orde de inscrición e unha vez pechada a inscrición establecerase a data de comezo das actividades.