Os taxistas do Grove disporán dunha parada no recinto da Festa do Marisco
Fecha: 2016-09-23
A iniciativa que foi posta en marcha no ano 2015 repítese tras a boa acollida de usuarios e autopatróns.
O Concello do Grove habilitará unha parada de taxis no recinto da feiral da Festa do Marisco que contará con cinco prazas e se situará no mesmo lugar onde foi disposta na pasada edición. Deste xeito, a Festa conta cun servizo adicional e facilítase o traballo dos taxistas locais. Ademais das prazas fixas, todos eles disporán de tarxetas para acceder ao recinto a cargar e descargar pasaxeiros.
Accesibilidade
Lémbrase que o Concello está traballando desde a pasada edición na mellora da accesibilidade da Festa do Marisco e, deste xeito, téñense habilitado servizos para conseguir evitar problemas neste sentido. Ademais das melloras nas ramplas das caixas ou das carpas, cóntase con cadeiras de rodas á disposición dos visitantes, unha tarima para concertos e baños adaptados. Tamén se teñen habilitado as correspondentes prazas de aparcamento na zona máis próxima ao recinto da Festa.