Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Curso formativo para coidadores de persoas cunha demencia

Fecha: 2016-11-09

A Federación Alzhéimer Galicia e a Consellería de Política Social veñen desenvolvendo nos últimos anos unha serie de accións formativas para familiares coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa (Alzhéimer) nomeada "Xuntos nos Coidados".

 

Estas accións formativas, totalmente gratuítas para os asistentes, son de 8 horas de duración e cun número máximo de 25 participantes, teñen unha alta valoración entre as máis de 1.000 familias que participaron nas edicións anteriores.

 

Este ano o Concello do Grove foi un dos seleccionados para o desenvolvemento dun destes cursos que terán lugar o martes 15 e o xoves 17 de novembro en horario de 16:00 a 20:00 horas.

 

O custo do material, a docencia e o deseño da cartelería correrá a cargo da federación.