O Concello inaugura o domingo a mostra das obras preseleccionadas no IV Concurso de Pintura Ernesto Goday
Fecha: 2016-11-17
En total presentáronse 54 obras a este concurso das que foron preseleccionadas 18.
O Concurso de Pintura Ernesto Goday, que chega este ano a súa cuarta edición, conseguiu un notable éxito na participación, xa que nesta edición se presentaron 54 cadros edición. As obras son de artistas de diferentes lugares da xeografía española, incluso varias procedentes da Arxentina, e contan cun alto nivel de calidade.
Ante a gran cantidade de obras presentadas, os membros do xurado realizaron unha preselección de 18 que formarán parte dunha exposición que será inaugurada este domingo ás 13.00 horas na Sala das Cunchas e na Sala das Dornas da Casa do Concello. Ademais, estas obras formarán parte do catálogo colectivo dos anos 2015 e 2016, que se editará co motivo do concurso. De entre estas 18 obras sairá a gañadora da cuarta edición, que será comunicada nos vindeiros días.
Esta actividade é, sen dúbida, o prato forte das actividades de homenaxe que o Concello está levando a cabo para manter viva a figura do pintor Ernesto Goday. Logo do seu recente nomeamento como fillo predilecto, séguese traballando na recompilación do materia inédito, así como no catálogo da súa obra para manter o legado de Goday no futuro.