Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O BOP publica a aprobación definitiva da nova Ordenanza de axudas por nacemento de fillos

Fecha: 2016-11-30

As novas axudas

 

O Boletín Oficinal da Provincia de Pontevedra publicou o pasado mércores a aprobación definitiva da Ordenanza reguladora de concesión de axudas a familiar por nacemento de fillos ou adopción do Concello do Grove. Tal e como se anunciou no seu momento, esta ordenanza modificouse xa que, ata agora, as axudas concedíanse de xeito automático a todos os nacementos, independentemente da situación familiar ou dos ingresos percibidos polos proxenitores.

 

Na actual ordenanza establécense uns baremos para que as axudas vaian en consonancia coa realidade da unidade familiar do neno ou nena. Este permitirá que as axudas sexan máis eficaces, xa que en anos anteriores estas se concedían ata o esgotamento dos fondos sen ter en conta a súa necesidade ou non.

 

Texto da ordenanza>