Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Comeza a campaña das XIV Xornadas da Centola do Grove

Fecha: 2016-12-07

 

O acto celebrado a tarde do luns pon en marcha unha proposta que pretende reivindicar a Centola do Grove como marca.

 

Na tarde do pasado luns tivo lugar un breve acto no que estiveron presentes o alcalde do Grove, Jose Cacabelos, e a concelleira de Turismo e Cultura. Tratábase, por unha banda, de presentar o vídeo e o material promocional que se comezará a difundir esta semana e durante todo o mes de decembro e, por outra, e máis importante, recoñecer o labor das persoas que adicaron a súa vida no traballo no mar.

 

Deste xeito, deuse a coñecer o vídeo elaborado na lonxa do Grove, onde os mariñeiros, vendedores e traballadores se prestaron a facer un manequin challenge, informouse sobre as iniciativas de promoción deste e do material impreso que se elaborará a partir dunha proposta gráfica do humorista Luis Davila, co fin de distribuílo durante o mes de decembro, incidindo na Centola do Grove como marca e animando a degustar este produto nos restaurantes da vila.

 

O alcalde do Grove incidiu en que estas son unhas Xornadas da Centola que serven como punto de partida para redeseñar un evento que está chamado a ser a referencia do panorama gastronómico do outono en Galicia, sendo ademais O Grove o lugar de referencia para a centola tanto no referido a extracción e venda como para a súa preparación e consumo.

 

A concelleira de Turismo encargouse de destacar o feito de que o deseño destas Xornadas pasa pola colaboración do Concello, o sector da hostalería e a restauración e a confraría. Por ese fin, e tendo en conta os obxectivos de promoción turística e do defensa do produto local, a XV edición das Xornadas da Centola deberá ocupar o lugar que lle corresponde a nivel gastronómico e turístico.

 

Posteriormente entregóuselles a Centola de Prata aos mariñeiros xa retirados que dedicaron a súa vida ao mar. Neste caso foron tres irmáns: Antonio, Jacobo e Francisco Naveiro Montenegro, do Gran Solero, os que recibiron a distinción de mans do alcalde, recoñecendo a importancia das “xentes do mar” para a realidade do Grove.

 

Vídeo promocional>