Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN

Dentro das políticas activas de emprego, tendo presente o contexto económico-financieiro marcado pola recesión económica, deséñase a política de incentivos á contratación para o ano 2010. 

Como resultado dos puntos de encontro da Mesa do Diálogo Social en Galicia, as partes consideran conveniente afondar na formulación de accións específicas dirixidas a acelerar o ritmo de creación de postos de traballo, estables e de calidade, para os colectivos que encontran maiores dificultades de incorporación e reincorporación ao mercado laboral debido á crise económica. Normativamente neste ano, os incentivos á contrataciónn por conta allea refúndense nunha soa orde de convocatoria e actúan en 3 direccións a través dos seguintes programas:

I. Programa de fomento da contratación indefinida inicial

II. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en

indefinidos.

III. Programa de incentivos á contratación temporal.

O prazo de presentación de solicitudes de axudas, incluídas as solicitudes polas contratacións subvencionables que se realizaran entre o 16 de setembro de 2009 e a data de publicación desta orde, rematará o 30 de xuño de 2010.

Orden completa.

Máis información: Edificio de Usos Múltiples 

R/ Castelao 173

Telefonos: 986 73 06 09 // 986 73 39 02


Todas as novas