O Concello do Grove continúa cos cursos de cociña
Fecha: 2016-12-14
As distintas iniciativas postas en marcha no relativo a cociña contan con gran demanda.
Logo de que a pasada fin de semana comezase o curso Cociñando, dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos no Centro Vacacional da Lanzada, durante o período de Nadal a Deputación de Pontevedra ofrece no Grove outra nova oportunidade de achegarse aos fogóns. Neste caso trátase do obradoiro Coas mans nos pucheiros, que forma parte do programa Tecendo Lazos do organismo provincial e que se impartirá durante as vacacións escolares de Nadal, concretamente, os días 22, 23, 26, 27 e 28 de decembro, de 10.15 a 13.30 horas.
A temática deste curso é “hábitos saudables e cociña moderna” e está pensando para que poidan participar nel persoas de todas as idades, aínda que se lles dará preferencia a aqueles grupos que se anoten xuntos pertencendo a distintas xeracións: nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas etc... O curso é totalmente gratuíto e as persoas interesadas poden inscribirse na OMIX ata o 15 de decembro.