Programa de Empregabilidade Concello do Grove
Fecha: 2017-01-17
PROGRAMA DE EMPREGO PARA MENORES DE 30 ANOS CONCELLO DO GROVE
Programa dirixido preferentemente a menores de 30 anos que queiran mellorar a súa situación na procura de emprego. Organizado polas concellerías de Xuventude e Educación e Sanidade, Emprego e Persoal.
O programa consta de formación, acompañamento na procura de emprego, asesoramento na creación de empresa.
Podes non ter formación ou ter formación e, porén, non ter claro que facer no mercado laboral, como atopar ese emprego, que opcións tes... Esta é a túa iniciativa. Ou que queiras aprender a emprender. Levas un tempo con ideas para montar a túa propia actividade empresarial, pero non está seguro.
Achégate a este programa, podemos axudarte.
O programa é gratuíto.
As prazas son limitadas (máximo 20)
A duración do programa será de 4 meses con accións formativas, accións grupais, atención individualizada. O obxectivo é mellorar en habilidades sociais, uso das novas tecnoloxías, crear empresas...
Martes día 24 de xaneiro ás 10.00 h na Sala dás Cunchas da Casa do Concello do Grove INICIO DO PROGRAMA.
Deixamos a folla de inscrición. Aconsello inscrición e envío a adlogrove@concellodogrove.es ou deixala non Edificio Administrativo, 2º andar.
ANIMÁDEVOS! AGORA É BOA ÉPOCA PARA CAMBIAR
.jpg)