Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello entrega os premios aos mellores lectores e lectoras

Fecha: 2016-12-27

 

 

O acto terá lugar durante o espectáculo “As bombas e o xeneral”, que Tanxarina teatro ofrece este xoves  na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

O vindeiro xoves, 29 de decembro, a partir das 18.00 horas terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a entrega dos premios aos mellores lectores e lectoras do ano nas categorías infantil, adulto e familiar. Na categoría infantil, os premiados na biblioteca do Grove son Ester Castro Devesa, Izan Alfonso Barral e Iago Fuentes Pérez e na Axencia de Lectura de San Vicente Ézaro Otero Dopazo e Xacobe Rodiño Cacabelos. Na categoría adulto os premiados son Gerardo Álvarez Rodríguez e Joaquín Triñanes García. Finalmente, e como novidade, este ano estableceuse un premio á mellor familia lectora, que recaeu na familia Arnoso-García. Con esta iniciativa, preténdese estimular e potenciar a lectura en todas as idades e tamén no ámbito familiar.

 

A entrega farase no marco do espectáculo As bombas e o xeneral, da compañía Tanxarina Títeres. Ambas as actividades están incluídas na programación de Nadal elaborada polo Concello e que está destinada a público de todas as idades, incluíndo contacontos, teatro, monicreques, maxia, obradoiros e, por suposto, as cabalgatas de Papa de Nadal e os Reis Magos.

 

Obradoiros de xogos e xoguetes en galego

 

Dentro da programación de Nadal mañá mércores terá lugar o Obradoiro de Xogos e Xoguetes en Galego, unha actividade financiada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e que se presenta como unha posibilidade divertida de xogar en familia. O obradoiro comezará ás 18.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.