Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Continúa aberto o prazo para inscribirse na actividade que organiza o Concello do Grove en Andorra

Fecha: 2017-01-03

As prazas para a práctica de esquí están a piques de esgotarse pero quedan dispoñibles prazas só para a realización da viaxe.

 

A Semana Branca que o Concello do Grove organiza no mes de febreiro para practicar deportes de inverno en Andorra mantén un bo ritmo de inscricións. Lémbraselles ás persoas interesadas que non só se dispón de prazas para a práctica de esquí, cun prezo de 465 euros, senón que poden participar na viaxe sen a actividade deportiva por un prezo de 275 euros, que inclúe o transporte e o aloxamento en réxime de media pensión.

 

Lembramos que a viaxe se realizará entre o 5 e o 10 de febreiro visitando a estación de Gran Valira e con clases de esquí incluídas. As inscricións requiren dun depósito previo de 150 euros e poden facerse na axencia de viaxes Viabus Travel do Grove.

 

info>